Home Terra de Trives Manzaneda A Xunta destaca que a nova oferta de turismo activo e de...

A Xunta destaca que a nova oferta de turismo activo e de natureza en Manzaneda contribuirá a desestacionalizar a oferta turística da estación

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación das actividades de turismo activo e deporte que acollerá a estación de montaña desde esta fin de semana, que se suman ao bike park que abriu o 29 de maio

Considera que o complexo terá unha nova vida fóra da tempada de inverno cunha proposta sustentable que combina deporte e turismo e contribúe a posicionar Manzaneda como destino turístico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación das actividades que acollerá desde a próxima fin de semana a estación de montaña de Manzaneda para ofrecer este verán unha proposta alternativa de turismo activo e de natureza que axudará a desestacionalizar a oferta turística do complexo e atraer visitantes durante todo o ano e non só na tempada de neve na estación de esquí.

Ao acto tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o tenente de alcalde de A Pobra de Trives, Miguel Sierra, e Albert Montaner, responsable de Artabria Turismo, a empresa que xestiona a estación de montaña.

Esta fin de semana incorporaranse outras actividades como unha tirolina xigante de 250 metros, un parque multiaventura, xogos tradicionais, cintas slackline, circuítos de orientación e tiro con arco. Para desfrutar das paisaxes e o entorno natural que ofrece Manzaneda tamén se poderá usar o telesilla turístico ou realizar rutas de sendeirismo e marcha nórdica. A curto prazo prevese que se sumen a esta oferta o paintball e rutas a cabalo. Tamén se poderá facer uso das instalacións deportivas como a piscina ou o pavillón deportivo ou desfrutar do circuíto termal no spa.

Alfonso Rueda incidiu en que estas actividades e as que se vaian incorporando permitirán promocionar e posicionar Manzaneda como destino turístico. Ademais, engadiu que esta proposta adaptase perfectamente ao novo modelo de turismo sustentable polo que aposta a Xunta, que se está a demandar cada vez máis no escenario postpandemia e no que Galicia parte con vantaxe. É dicir, espazos abertos e en contacto coa natureza e un turismo tranquilo. Neste caso, ofrécese a opción de combinar a práctica deportiva ao aire libre coa actividade turística e desfrutar da natureza, que é o primeiro motivo polo que os turistas escollen Galicia.

Por iso, o vicepresidente primeiro considera que iniciativas deste tipo que aposten polo turismo activo actuarán como reclamo para atraer visitantes e contribúen a afianzar Galicia como destino de natureza e deporte. A Xunta tamén traballa no reforzo de Galicia como destino seguro e de calidade e a comunidade está preparada para recibir a turistas e peregrinos neste Xacobeo 21-22. Nesta liña, o Goberno galego puxo en marcha medidas como o seguro coronavirus para recuperar a confianza dos viaxeiros e ofrecerlles un plus de tranquilidade ao ter os gastos cubertos en caso de que teñan que prolongar a súa estancia por un caso de infección por coronavirus ou corentena.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Publicacións Relacionadas