A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 6 de agosto, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 25 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas (5), Aperturas (1), Disciplina (1), Contratación (3), Recursos Humanos (11), Xestión económica e orzamentaria (2) e Alcaldía (2).
Licenzas. Solicitudes de licenzas de obras para os proxectos de:
- construción dun edificio para vivendas na Avenida de Zamora
- rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa do Progreso
- reforma da cuberta dunha edificación na rúa Leiras Pulpeiro
- reforma da cuberta e os patios interiores dun inmoble na rúa do Paseo
- adaptación a vivenda do baixo dun edificio da rúa Antonio Puga.
Aperturas. Licenza de obra para a construción dun muro de contención e soleira de formigón (Fase 1) no Centro de procesado avícola de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo.
Disciplina. Un recurso contra un acordo aprobado nunha sesión anterior.
Contratación. Dúas propostas de resolución, para o seu sometemento ao ditame preceptivo do Consello Consultivo da Xunta de Galicia, relativas aos contratos de execución dos proxectos de humanización da avenida de Portugal (tramos 1 e 2); e a corrección dun erro nun acordo dunha sesión anterior.
Persoal e recursos humanos. Once recursos contra o acordo de aprobación da Oferta de Emprego Público de promoción interna correspondente ao exercicio 2026 para diversas prazas de Oficial e Inspector da Policía Local
Alcaldía. Tres facturas do servizo de limpeza dos centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello, e determinación do gasto comprometido da anualidade 2026 para a atención dos servizos postais e telegráficos ao abeiro do contrato centralizado da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Xestión económica e orzamentaria. Dúas relacións de facturas, correspondentes a gastos realizados en exercicios anteriores, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación nos devanditos exercicios.

