Continúa en Patos con Arizona Baby e Dakidarría (días 16 e 20); Tangomango no esteiro, e Losdeltonos e Cow Caos o 28 en Patos
O Concello de Nigrán prosigue este domingo 9 de agosto o seu novo festival ‘Tardes na solaina’ co concerto de Dorrey Lyles& Marcos Coll Band ás 19:30 horas no esteiro de A Foz. Xuntos ofrecen unha explosiva mezcla de jazz, góspel, blues e soul.
As actuacións continúan o domingo 16 en Patos con Arizona Baby; Dakidarría o xoves 20 en Patos; Tangomango o domingo 23 no esteiro de A Foz; e Losdeltonos e Cow Caos o venres 28 de agosto en Patos. Todos os concertos son de balde excepto Arizona Baby e Dakidarría (ambos con entradas á venda en Malabar-Pénjamo) . Como é habitual no Concello, o novo evento volve a unir cultura e paisaxe para que a experiencia resulte inesquecible.

