A tempada de conferencias do ciclo cultural Baiverán 2026 en Baiona está a chegar ao seu fin.
As dous últimos relatorios terán lugar mañá día 13 e o vindeiro xoves 20 de agosto ás 20:00h na Capitanía Marítima da vila.
Así, este xoves poderemos desfrutar do relatorio “Baruc Espinosa. Un pensamento filosófico moi actual” do Catedrático de filosofía de Ensino Medio, Ángel Pérez.
O vindeiro xoves día 20 Francisco Ledo Lemos, Profesor de Latín da Universidade de Vigo, falará de “Nerón, emperador”.

