A Xunta de Goberno Local aprobou 7 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 7 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (4). Concedeu as licenzas de obra para a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa do Entroido; para a reforma interior de vivendas, a mellora da envolvente térmica e a instalación dun ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires; para a reforma de tres vivendas noutro inmoble da Avenida de Bos Aires, e para a reforma dunha vivenda na Avenida da Habana.

Aperturas (1). Concedeu a licenza de obra para a reforma e rehabilitación dun edificio para oficinas na Rúa do Progreso.

Contratación (2). Acordou a prórroga por 1 ano do contrato da subministración de prendas de uniformidades e complementos para a Policía Local e a estimación parcial dunha reclamación formulada pola empresa responsable da limpeza dos centros educativos públicos de Infantil e Primaria.

Comparte este artigo