O festival ‘Tardes na Solaina’ continúa co concerto de Dakidarría en acústico  este xoves 20 de agosto  no Malabar-Pénjamo

Redacción

O festival ‘Tardes na Solaina’ continúa co concerto de Dakidarría en acústico  este xoves 20 de agosto  no Malabar-Pénjamo de Patos ás 19:30 horas (concerto solidario con entradas a 10 € a beneficio das persoas sancionadas nas protestas contra o xenocidio en Gaza durante a ‘Vuelta Ciclista a España’) .

As ‘Tardes na Solaina’ que si dependen do Concello de Nigrán regresan ao esteiro de A Foz o domingo 23 de agosto con Tangomango e, como remate, no aparcadoiro de Patos-Praia de Abra, terá lugar o concerto de ‘Los Deltonos’ e ‘Cows Caos’ o 28 de agosto. Todos estes concertos si son de balde. 

Comparte este artigo