A Xunta de Goberno Local tratará 6 asuntos nunha sesión extraordianaria e urxente en substitución da ordinaria

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 20 de agosto, ás 12.30 horas no salón de plenos para desenvolver unha sesión extraordinaria e urxente en substitución da ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 6 propostas de acordo, presentadas polos servizos municipais de Licenzas (2), Participación Cidadá (3), Educación (1).

Licenzas (2). Solicitudes de licenzas de obras para “Proxecto básico e de execución para reforma de portal e sustitución de ascensor no inmoble sito na rúa Coruña, 30”; solicitude de licencia para “Proxecto básico e de execución para acondicionamento do edificio no inmoble sito na rúa Losada Dieguez, 8”

Participación Cidadá (3). Aprobación das “Normas de inscrición nas actividades dos centros cívicos dirixidas á poboación adulta”; aprobación das “Normas de inscrición nas actividades do Programa de Avellentamento Activo, dirixidas ás persoas de 60 anos ou máis do termo municipal de Ourense.”; e aprobación das “Normas de inscrición nas actividades dos centros cívicos dirixidas á poboación infantil do termo municipal de Ourense.”

Educación (1). Aprobación de facturas expedidas pola empresa Itma, S.L en concepto de servizo de limpeza dos centros de educación infantil e primaria dependentes do concello de ourense.

Comparte este artigo