Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Baiona cuxo único punto do día foi a moción presentada polo PSOE e o BNG para aclarar a actuación de José Ángel Bahamonde, antigo responsable de Urbanismo que presuntamente mantivo unha participación do 50% na empresa construtora Encaixa Modular mentres estaba no cargo.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o seu equipo de goberno, deixaron claro que “confiamos na presunción de inocencia do noso compañeiro e tamén completamente na xustiza e nos seus tempos”. Así, referendárono cos seus votos.
Pola súa banda, o PSOE e o BNG votaron a favor.
Durante o pleno monográfico o goberno municipal fixo referencia ao caso do exconcelleiro socialista e man dereita do exalcalde, Óscar Martínez Álvarez, condenado en dúas ocasións pola xustiza a 18 anos de inhabilitación como autor dun delito de prevaricación. A portavoz municipal do PP tamén fixo mención a que Martínez foi denunciado por unha Xuíza do Contencioso Administrativo e non por un particular como ocorreu con José Ángel.
Almuiña destaca que “Carlos Gómez nunca creu nas comisións de investigación como así o avalan as obras sen contrato xestionadas por Óscar Martínez nin as propias multas do exalcalde por aparcar en zona prohibida de carga e descarga. É unha mostra de incoherencia con respecto á solicitude da comisión de investigación ao non realizala no seu día por estes temas”.
Mención á parte merece o Barbeira Season Festa no que o existía un decreto de alcaldía no que se desistía a realización do evento ao que o propio exalcalde acudiu sendo multado tamén ese mesmo día.

