O concello de Nigrán volve a instalar un “Punto Serfie” coas letras “Praia América”

Redacción

O artista René de la Jara, resposable do Mercado Multicultural, elaborou artesanalmente unhas novas en gran formato como agasallo ao Concello

O Concello de Nigrán conta desde onte novamente en Praia América-Lourido cun ‘punto selfie’, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal. As letras foron elaboradas con chapa metálica artesanalmente e teñen unhas dimensións de máis dun metro de altura. De la Jara xa agasallara ao Concello en 2022 cuns caracteres moi similares, pero estes se deterioraron. Igualmente, el é o responsable dos ‘peixes traga-plásticos’ e recolle-cabichas que luciron no areal durante varios anos ou da xirafa ‘Carmiña’ situada na entrada do Pavillón de Deportes de Panxón.

“Estamos moi agradecidos a René porque cada ano trae algún agasallo para Praia América dirixido a por en valor esta zona”, explica o alcalde, Juan González, quen xunto á concelleira Estela Pérez e René de la Jara e a súa familia comprobou esta mañá in-situ como continuamente se para a xente para facer fotos.

Comparte este artigo