A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou sete acordos na súa sesión desta semana, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos.
Licenzas (2). Concedeu as licenzas para os proxectos de reforma de portal e substitución de ascensor dun inmoble na rúa da Coruña e para o acondicionamento dun edificio na rúa Losada Diéguez.
Participación Cidadá (3). Aprobou as normas de inscrición nas actividades que organiza o Concello nos centros cívicos municipais (dirixidas á poboación adulta, ás persoas maiores de 60 anos e á poboación infantil).
Alcaldía (1). Aprobou 4 facturas do servizo de limpeza dos centros de educación infantil e primaria.
Fóra da orde do día (1). Acordou o exercicio da acción xudicial de rectificación dunha noticia publicada na prensa local.

