A Deputación promocionará os recursos turísticos da provincia nas 37 Xornadas Nacionais de Enfermeiras Xestoras

Redacción
Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) con reúnese coas organizadoras do XXXVII Xornadas Nacionais de Enfermeiras Xestoras (Santiago de Compostela 2027) representadas por María Jesús Pérez Taboada (Presidenta das Xornadas), Rosa María Morais Rodríguez e Juan Pérez Peña (Presidenta e Vicepresidente do comité organizador), Ana María Gómez Gómez (Vicepresidenta do comité científico) e Josefa Rodríguez Araujo (compoñente do comité organizador).

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión coa presidenta das 37 Xornadas Nacionais de Enfermeiras Xestoras, María Jesús Pérez, quen acompañada por membros do comité local deste congreso, trasladaron ao presidente a importancia deste foro que reunirá o vindeiro ano a máis de mil persoas de diferentes puntos de Galicia, España e incluso de Portugal e Brasil.

Neste sentido, a Deputación de Ourense colaborará con estas xornadas, que se desenvolverán os días 21, 22 e 23 de abril en Santiago de Compostela, para promocionar os recursos turísticos da provincia especialmente, do itinerario da Vía da Prata coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo.

Estas xornadas, organizadas pola Asociación Nacional de Directivos de Enfermería (ANDE), constitúen un espazo de referencia para a análise, o intercambio de coñecemento e a reflexión sobre o presente e o futuro da xestión enfermeira.

Baixo o lema “Gestión Enfermera: un Camino de liderazgo, compromiso y equipo”, o obxectivo desta edición será fortalecer o liderado das enfermeiras xestoras como motor de transformación das organizacións sanitarias.

Comparte este artigo