O espectáculo de contacontos “Iguais e diferentes”, programado inicialmente na biblioteca municipal da Carballeira, trasladarase mañá, venres, 21 de agosto, ás instalacións do CEIP Luis Acuña (rúa do Hórreo, número 11), un dos centros onde o Concello está a desenvolver o programa Concilia verán.
A sesión, a cargo de Manuel Solla, mantén o seu horario orixinal, entre as 11.00 h e as 11.50 h. Asistirán os nenos e as nenas participantes no Concilia Verán, e a entrada está aberta a toda a cativada que queira acudir.
Esta actividade forma parte da programación de animación á lectura que organiza este verán o Concello en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

