A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 18 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 18 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que terá lugar mañá, xoves, 27 de agosto, ás 11.30 horas, no salón de plenos. A orde do día inclúe 6 expedientes presentados polo Servizo de Licenzas, 1 de Disciplina urbanística, 2 de Contratación e 9 de Avogacía Consistorial.

Licenzas (6). Resolverá as solicitudes de autorizacións para dous proxectos de construción de senllas vivendas unifamiliares na rúa Camiño das Canas e para a ampliación doutra en Madrosende; para o cambio de uso a vivenda dun local comercial na Avenida de Buenos Aires; para a legalización e terminación de obras de reforma dunha edificación auxiliar para almacén na rúa de Santa Águeda; e para o cambio de titularidade dunha licenza de obras na rúa Valle-Inclán.

Disciplina (1).  Tratará a proposta de declaración de ruína polo mal estado dun inmoble na rúa da Asunción.

Contratación (2). Aprobará, se procede, o expediente para contratar o servizo de atención, control e prestación de primeiros auxilios nos espazos termais de uso lúdico da Chavasqueira, Outariz e Burga de Canedo, e no espazo de baño do Muíño da Veiga. Tamén tratará o expediente para renovar o servizo de mantemento e soporte de licenzas Oracle do Concello.

Avogacía consistorial (9). Dará conta de 2 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo (prazas número 1 e 2 de Ourense) e doutra ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, o Concello comparecerá en 6 procedementos ante os tribunais de instancia (prazas número 1 e 2 de Ourense).

Comparte este artigo