Home A Coruña A Xunta apoia a creación de novos recursos turísticos para enriquecer a...

A Xunta apoia a creación de novos recursos turísticos para enriquecer a oferta turística de Ponteceso

- Anuncio -

― Corme inaugurou hoxe a Pedra do Naufraxio do Padova, que conmemora o afundimento deste vapor italiano fronte ao Faro do Roncudo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no Faro de Roncudo na inauguración oficial da Pedra do Naufraxio do Padova, coa que a veciñanza de Corme erixe un novo fito conmemorativo nunha zona de concentración de afundimento dos barcos. “O compromiso que mantemos con este territorio segue dando os seus froitos, hoxe coa inauguración deste novo fito que enriquece o espazo de esparexemento deste Faro do Roncudo, un dos principais atractivos turísticos cos que conta o concello de Ponteceso”, explicou Nava Castro.

Este fito conmemorativo lembra o naufraxio do vapor italiano Padova na madrugada do 3 ao 4 de febreiro de 1923 pero tamén se converte nun novo recurso turístico que contribúe a poñer en valor a historia dos naufraxios que rodea á Costa da Morte.

Este recordatorio do Padova convértese así nunha razón máis para vistar Corme e o concello de Ponteceso, no que o Goberno galego leva investido para a mellora das súas infraestruturas e recursos turísticos algo máis de 160.000 euros nos últimos catro anos, que permitiron, entre outras actuacións, a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos na Hermida, Osmo e ruta do Mar de Corme, ademais da posta en marcha o ano pasado dunha área de autocaravanas para dar servizo a este tipo de turistas.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas