Home A Coruña Xunta e concello de Boimorto analizan a posible modificación do PXOM para...

Xunta e concello de Boimorto analizan a posible modificación do PXOM para mellorar a ordenación urbanística da capitalidade do municipio

- Anuncio -

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, para analizar a posibilidade de que o Concello promova unha modificación puntual do PXOM vixente co fin de mellorar a ordenación urbanística da capitalidade municipal, en especial no que respecta ao ámbito do solo urbano.

Durante a xuntanza, na que tamén participaron dous concelleiros, a rexedora expuxo que o planeamento municipal de Boimorto foi aprobado definitivamente o 6 de febreiro de 2007 e nestes momentos non se atopa adaptado aos principios actuais de sostibilidade urbanística e ambiental.

Así, o obxectivo principal da modificación sería acompasar o PXOM ás determinacións establecidas polas Directrices de ordenación do territorio de Galicia para os núcleos principais dos concellos cunha centralidade socioeconómica no seu ámbito.

A estes efectos, os responsable municipais expuxeron que cómpre primar a compactación do núcleo urbano mediante operacións de rehabilitación, reforma e consolidación no seu interior fronte á ordenación vixente, que prevé a súa expansión ao longo das vías de comunicación, sobre terreos en estado natural.

Deste xeito, contribuiríase a reforzar un modelo de ordenación urbana de densidade media ou alta para facilitar as relacións sociais e facer viable a implantación de dotacións, servizos e actividades terciarias nesta zona. Así mesmo, obteríanse novas dotacións ao servizo de todos os veciños, novos espazos libres e zonas verdes, ampliando a concentración no núcleo principal do Concello das dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural e demais servizos de carácter local.
Pola súa parte, Encarna Rivas ofreceulle á alcaldesa a súa máxima dispoñibilidade e a do seu equipo para resolver calquera dúbida que poida xurdir con relación á modificación urbanística que queren impulsar así como sobre os pasos a seguir no marco da súa tramitación ante a Xunta.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Publicacións Relacionadas