Home Pontevedra A Lama A Xunta apoia ao concello da Lama na adquisición dun vehículo para...

A Xunta apoia ao concello da Lama na adquisición dun vehículo para labores medioambientais e na mellora do saneamento do lugar de Laxedo

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o municipio, que recibiu unha achega de máis de 85.000 euros para estas actuacións en favor do medio ambiente

— O Goberno galego financiou estas melloras ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que na convocatoria deste ano conta con 11 millóns de euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello da Lama, ao que a Xunta apoiou na adquisición dun vehículo destinado aos servizos municipais encargados da protección do ambiente e do espazo natural e que tamén se beneficiou dunha achega para a mellora do saneamento no lugar de Laxedo.

O Goberno galego investiu máis de 85.000 euros nas axudas destinadas no ano 2020 ao Concello da Lama ao abeiro do Fondo de Compensación ambiental, unha liña que o Goberno galego renovou este ano e pola que destina 11 millóns de euros para financiar nos concellos iniciativas dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.
A Lama recibiu algo máis de 20.000 euros para a adquisición dun vehículo pick up destinado á protección do medio ambiente e do espazo natural. Hai que ter en conta que o municipio, con máis de 111 quilómetros cadrados, é un dos máis extensos da provincia de Pontevedra, polo que as brigadas municipais precisan de maquinaria e equipamento axeitado para as labores ambientais. Ademais, o concello conta cunha ampla zona catalogada dentro da Rede Natura 2000.
Por outra banda, a Administración local levou a cabo obras de mellora na rede de saneamento e na rede de recollida de augas pluviais en varias rúas do lugar de Laxedo, traballos que precisaban dunha actuación urxente pola súa repercusión na calidade de vida dos veciños e no propio medio ambiente. Esta actuación contou cunha achega de máis de 65.000 euros na liña de axudas de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.
O concello da Lama recibiu nos últimos anos máis de 1,4 millóns de euros das diferentes liñas de axudas da Administración autonómica para colaborar coas entidades locais na procura de melloras na calidade de vida da veciñanza.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

Publicacións Relacionadas