Home O Morrazo Cangas Medio Ambiente paraliza de forma cautelar as obras do concello de Cangas...

Medio Ambiente paraliza de forma cautelar as obras do concello de Cangas na praia de Rodeira pola posible efección a unha especie amenazada

- Anuncio -

No lugar onde se están a desenvolver os traballos existen exemplares de xesta de Ons, un tipo de arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de ordenar a paralización cautelar dos traballos de explanación que se están a executar estes días na praia urbana de Rodeira, en Cangas, e que afectan a unha superficie importante do areal.

A decisión adóptase no marco da investigación aberta pola Xefatura Territorial de Pontevedra co fin de determinar se estas obras, promovidas polo Concello, afectan a un arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas. Trátase, en concreto, da Cytisus Insularis, comunmente coñecida como xesta de Ons.

Precisamente, axentes medioambientais pertencentes ao distrito de Pontevedra-Morrazo desprazáronse esta mañá ata Rodeira para facer unha inspección in situ e levantar a correspondente acta administrativa, da que se derivarán as medidas oportunas, sen descartar a posibilidade dun expediente sancionador.

Cómpre precisar que esta praia, localizada en pleno núcleo urbano de Cangas, non está incluída en Rede Natura 2000, motivo polo que, nun principio, non sería necesaria autorización ambiental por parte da Xunta para levar a cabo os traballos.

Non obstante e ante a posible afección a unha especie herbácea catalogada como sensible, a Consellería de Medio Ambiente decidiu ordenar unha inspección e decretar a paralización das obras como medida cautelar e ata que finalice a investigación.

Relacionadas

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN PREPARA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE SAN XOAN QUE PROHIBIRÁ E SANCIONARÁ FACER BURATOS NA PRAIA Policía Local, Protección Civil e Garda...

Luis López reafirma o compromiso da Deputación para mellorar a estrada entre Amoedo e...

0
O presidente provincial mantén unha reunión de traballo co rexedor Luciano Otero, na que lle avanzou da aprobación dunha subvención de 122.000 euros do...

A Xunta apela á colaboración entre administracións e tecido produtivo para consolidar a Galicia...

0
— Ángeles Vázquez pon en valor o Plan de xestión industriais de Galicia, aprobado recentemente co obxectivo de que se converta na folla de...

Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos...

0
A delegada mantivo un encontro co rexedor para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a execución dos...

Publicacións Relacionadas