A alcaldesa de Santiago mantén un encontro cunha delegación chinesa do ámbito universitario no que abordan o modelo de cidade

Redacción

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada dos membros do goberno Xesús Domínguez (Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos) e Xan Duro (Mobilidade), mantivo este xoves un encontro cunha delegación do Instituto de Ciencia Política da Academia China de Ciencias Sociais e membros do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). Concretamente, asistiron Diego Sande (Idega) e Christoph R. Schreinmoser (Igadi).

A delegación chinesa mostrou interese por coñecer o proxecto de cidade do goberno compostelá para a capital galega, un concello que, tal e como lle explicou a rexedora, acadou e superou no último ano a cifra de 100.000 habitantes no Padrón municipal, dos cales 15.000 viven aproximadamente no rural. 

Sanmartín Rei explicou o traballo en prol da vivenda, da protección da cidade histórica e do comercio de proximidade, o novo modelo de transporte público e o impulso para facer un concello máis accesible, os obxectivos e estratexias para unhas infraestruturas verdes e a loita contra o cambio climático. Asemade, deu a coñecer o novo modelo urbano, co concurso internacional para deseñar o conector central da cidade e dar prioridade ás persoas no Ensanche, entre outro exemplos. 

Comparte este artigo