Home A Coruña O espectáculo “Son un monstro”, de Gala Martínez, protagoniza a terceira función...

O espectáculo “Son un monstro”, de Gala Martínez, protagoniza a terceira función do ciclo Humor Peregrino

- Anuncio -

“Son un monstro. Canto máis me coñezo peor me caio. Vou contar que son a peor persoa do mundo. Paseime a metade da miña vida sendo un vítima, a boa, a que cedía sempre… Agora prefiro ser unha déspota. Eu son adicta a calquera cousa, por exemplo aos bolis Bic. Non lle vexo inconvinte a nada. E son a peor amiga do mundo…”. Así se presenta a actriz e xornalista Gala Martínez que este venres sube ao escenario da Casa da Cultura de Fene no marco do ciclo “Humor Peregrino”. A función comezará ás 21 horas con entrada libre e de balde até completar aforo (50 persoas).

Gala Martínez-Romero defínese ela mesma como “creadora, creativa, buscadora de historias, vividora de momentos e bebedora de café e birras”. Apaixonada durante un tempo dos focos, das cabinas, das grellas, das notas de prensa e das newsletter, un bo día “trabou con forza o froito prohibido da actuación”, Graduada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, con formación tamén en locución e dobraxe, traballou desde os 18 anos como rexidora, coordinadora de artistas, responsable de comunicación, produción… e nestes últimos anos encamiñouse cara a interpretación, formándose como actriz, improvisadora e directora en Central de Cine, Espazo Aberto, Circo9 ou Escola Espontánea.

Logo de dirixir en Madrid varias obras de teatro infantil e pezas de microteatro para adultos, múdase a Santiago de Compostela en 2018. Nos últimos tempos está a potenciar a súa faceta como cómica nos escenarios do circuito galego amais de estrear a súa ópera prima MedeA – unha revisión da personaxe dende unha perspectiva feminista- e presentou varias Galas de Cómicas, Imprómicas, Periódicas, Bruxería Improvisada e o Cabaré de Mulleres en Circo9. Tralo seu paso en produción y comunicación por Terra Mitica, Microteatro por dinero e Kazumbo Teatro, agora dirixe a súa propia compañía de cómicas, Remolachas Libres, e coxestiona a sala de formación artística Espontánea, en Santiago de Compostela.

Humor peregrino
O Camiño Inglés é patrimonio natural, arquitectónico pero tamén inmaterial. O ciclo Humor peregrino – incluído no proxecto Viñetas do Camiño- quere achegar ao público unha representación da narración oral e a música, “boas compañeiras para os peregrinos”.

O ciclo inclúe catro actuacións de narración oral e música, organizadas pola Concellerías de Cultura e Turismo de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Logo das funcións protagonizadas por Ukestra do Medio, Paula Carballeira e Gala Martínez (que actuará este venres), a vindeira semana pechará “Humor peregrino” o grupo The Teta´s Van (23 de xullo, Praza do Concello, 21.00 horas), coincidindo coa inauguración da exposición de Viñetas do Camiño.

Máis información, na web do Concello de Fene www.fene.gal ou no Departamento de Cultura do Concello de Fene, tfno. 981 340 366.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas