Home Pontevedra A Agrupación Gaiteira de Salceda será homenaxeada no Estourazo polo seu 10...

A Agrupación Gaiteira de Salceda será homenaxeada no Estourazo polo seu 10 aniversario

- Anuncio -
O vindeiro sábado 17 de xullo, Salceda celebrará o tradicional Estourazo co que se dá o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo coa Agrupación Gaiteira de Salceda como colectivo homenaxeado, sendo as persoas integrantes as encargadas de disparar o foguete.

A Agrupación Gaiteira de Salceda foi elixida polo Equipo de Goberno xa que leva dez anos poñendo a nota musical no estourazo que anuncia as Festas do Cristo. A Agrupación, creada especificamente para este acto, reúnese unha vez cada ano, xuntando gaiteiros e gaiteiras e percusionistas de Salceda de Caselas e doutros Concellos: Porriño, Salvaterra de Miño, Tui, Ponteareas, Vigo, etc., e unindo deste xeito a compoñentes de numerosos grupos tradicionais de Salceda e arredores.
O colectivo foi creado hai 10 anos por Tere Pérez, sendo Concelleira de Cultura, nun grande esforzo por unir aos grupos de música tradicional e conseguir crear unha gran Agrupación Gaiteira. Se algo caracteriza a esta agrupación é o xeito de unir a xente de moi diferentes niveis musicais, co único obxectivo de gozar da música tradicional, e onde ano tras ano as persoas máis experimentadas axudan ás máis novas, sempre nun ambiente cordial e de compañeirismo, e chegando a reunir ata 70 persoas nas edicións máis numerosas.
Nin sequera a COVID19 detivo á agrupación, realizando unha presentación reducida a unas 30 persoas no pasado ano, e que nesta edición ha volver a superar xa o medio centenar de compoñentes. Para iso, son varias as semanas que levan ensaiando, sempre ao aire libre e mantendo a distancia interpersoal en distintos puntos da vila para prepararse para a gran cita anual.
O Estourazo, que este ano celebra a súa décimo segunda edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc., e este ano tamén contará co desfile previo polas rúas da vila do colectivo homenaxeado.
Aínda que este será o segundo ano sen verbenas na Praza do Concello, dende a Concellaría de Cultura traballouse para intentar manter vivo o espírito das festas. Deste xeito, durante toda a semana celébranse actividades culturais, e tamén se mantén o tradicional estourazo.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas