Home A Coruña A Xunta recibe 18 ofertas de adquisición de inmobles na Coruña, Tui...

A Xunta recibe 18 ofertas de adquisición de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia para que sexan rehabilitados a través do Rexurbe

- Anuncio -

— A cuarta convocatoria de compra pública de edificios pechou o pasado venres con este resultado global dos tres concellos

— Ángeles Vázquez salienta que as 7 ofertas recibidas na Coruña, o mesmo número en Tui e as 4 de Ribadavia “confirman que Galicia e os galegos apostan pola rehabilitación e que a Xunta proporciona as mellores ferramentas para conseguilo”

A Xunta de Galicia recibiu un total de 18 ofertas de adquisición de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia co fin de que, unha vez pasen a ser propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sexan rehabilitados a través do programa Rexurbe.

Este foi o resultado global da cuarta convocatoria de compra pública de edificios por parte da Xunta que, despois dun prazo de tres meses para a presentación das propostas, pechou o pasado venres nos tres municipios, tal e como trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha rolda de prensa na Delegación Territorial da Xunta na Coruña.

Os propietarios da Coruña presentaron 7 ofertas á Xunta, as mesmas que os de Tui, mentres en Ribadavia foron 4. Unhas cifras que, segundo a conselleira, “confirman que Galicia e os galegos apostan pola rehabilitación e que a Administración autonómica proporciona as mellores ferramentas para conseguilo”.

Segundo especificou, na Coruña unha das propostas pertence á Cidade Vella e o resto pertencen á zona de Orzán-Panaderas —coñecida tamén como A Pescaría—. “Agora comeza un proceso de revisión da documentación, para o cal traballaremos man a man cos propietarios”, subliñou Ángeles Vázquez.

Así mesmo, fixo fincapé en que o programa suporá un dobre beneficio para os tres concellos e para os seus veciños, pois as vivendas que se obteñan converteranse no fogar de familias que darán vida ao barrios e os locais destinaranse á implantación de iniciativas empresariais dinamizadoras da zona.

Cómpre lembrar que as vivendas resultantes cualificaranse de promoción pública (VPP) e pasarán a integrar o parque público residencial da cidade, adxudicándose en réxime de alugueiro a través do Rexistro único de demandantes de vivenda.

Tendo en conta os prezos de oferta presentados, a previsión é de que se supere o millón de euros contemplado para a cidade herculina —xa estaba prevista unha posible ampliación do orzamento— e, así mesmo, tamén o investimento para Tui e Ribadavia rolde os 250.000 euros que se dispoñían para estes municipios.

Desde a primeira convocatoria do programa Rexurbe, no ano 2018, a Xunta adquiriu xa un total de 76 inmobles en nove localidades galegas, dos cales prevense obter 131 VPP. Co fin de darlle continuidade ao esforzo realizado nos últimos catro anos, a conselleira engadiu que nos orzamentos de 2021 o seu departamento destina máis de 10 millóns tanto a rehabilitar o patrimonio edificatorio xa adquirido, como a mercar novos inmobles nos tres concellos mencionados.

Próximo paso: Área Rexurbe
Tras lembrar que este programa coincide coa filosofía e os obxectivos das chamadas Áreas Rexurbe, a conselleira aproveitou a visita á Coruña para animar ao Concello a seguir desenvolvendo esta figura, creada pola Lei de rehabilitación co fin de rexenerar e dinamizar de forma integral espazos públicos e axudar a captar axudas e investimentos privados para financiar actuacións de rehabilitación.

Neste sentido, cómpre subliñar que A Coruña foi o segundo municipio galego en declarar a súa propia Área Rexurbe, en xuño do ano pasado, e que esta coincide plenamente coas zonas onde se presentaron as ofertas —Cidade Vella e A Pescaría—. Así, Ángeles Vázquez recordou que o Concello ten pendente a presentación do plan de dinamización, a folla de ruta a seguir en canto a liñas estratéxicas de acción e necesaria para que a Área Rexurbe sexa unha realidade nesta urbe.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas