Home A Coruña Xaquín Marín recibirá o vindeiro martes en Fene o Premio Rosalía de...

Xaquín Marín recibirá o vindeiro martes en Fene o Premio Rosalía de Castro que convoca a Deputación da Coruña

- Anuncio -

No acto, organizado polo ente provincial coa colaboración do Concello de Fene, entregaranse tamén os galardóns á Agrupación Astronómica Ío e á asociación Twitter en galego

Fene será escenario este ano da entrega dos premios Rosalía de Castro de Lingua, certame que promove a Deputación Provincial co obxectivo de “recoñecer a personalidades e iniciativas que traballan na promoción do galego en todos os ámbitos”. O acto terá lugar o martes 20 de xullo ás 20.30 horas na Pista Municipal de Fonte do Campo, a carón do Museo do Humor de Fene, e contará coa presenza dos premiados, da deputada provincial de políticas de normalización lingüística, María Muíño Filgueira, e do alcalde de Fene, Juventino Trigo. Ao remate do acto, como colofón, subirá ao escenario de Fonte do Campo o cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional Xabier Díaz.

Segundo informan dende a Concellería de Cultura de Fene, atendendo aos protocolos Covid, o aforo será limitado (200 localidades) e o acceso con invitación. Neste senso, as persoas que queiran asistir poderán solicitar a súa convida no correo electrónico cultura.deportes@fene.gal ou por teléfono 981340366 e/ou whatsapp 607 625 357, antes das 12:00 h do martes 20 de xullo (e deberán recibir confirmación da mesma).

OS PREMIADOS
Na xuntanza que tivo lugar o pasado 14 de xuño, o xurado dos XII Premios Rosalía de Castro acordou nomear ao debuxante fenés Xaquín Marín gañador na categoría de “Persoas”. Á hora de outorgar o recoñecemento, o xurado valorou” o compromiso continuado no tempo, o alcance social do seu traballo e o feito de facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual”. A candidatura de Marín ao certame foi presentada polas áreas de Museo e Normalización Lingüística, co apoio da concellería de Cultura e do Goberno Municipal de Fene.

Na mesma convocatoria, tamén acadaron recoñecemento a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, na categoría de “Entidades”, e Twitter en galego, na de “Iniciativas de xente nova”.

O xurado valorou da Agrupación Astronómica Ío o seu impulso ao galego “nun ámbito tan
especializado como a astronomía e sen bagaxe” neste idioma, que “ademais consegue trasladar dun modo accesible e atractivo para o público xeral”. E de Twitter en Galego -proxecto promovido por Carlos García Vieito para o proceso de tradución co que configurar esta plataforma social no idioma propio de Galicia- o xurado recoñeceu que crea “terminoloxía que permite colocar á lingua galega nunha nova realidade dixital” e resalta o seu “gran impacto” con 15.000 persoas con conta configurada en galego.

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo é o álbum Coplas para Icía(2007) no que contou coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que levou a escena os espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.

Formou parte do grupo Berrogüetto, desde inicios de 2008 até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música (2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de

  1. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018, e As catedrais
    silenciadas, en 2020

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas