A Deputación contribúe no coidado das persoas con Alzhéimer

Redacción

-A institución provincial achega de 12.000€ anuais para o programa que Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU) desenvolve a través de terapias non farmacolóxicas, atención psicolóxica e formación a coidadores

-O deputado de Promoción Económica e Social participou pola mañá na mesa informativa e de recadación de fondos que AFALU instalou na praza de San Marcos, e esta noite iluminarase a fachada do edificio da Deputación de cor morada

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este luns a mesa informativa e de recadación que instalou a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU) na Praza de San Marcos con motivo do Día Mundial desta doenza, hoxe 21 de setembro. No acto estivo acompañado, entre outras autoridades, pola vicepresidenta da asociación, Iria Franco.

Ademais, a Deputación alumeará toda esta noite a fachada do edificio provincial de cor morada, promovendo así a visibilidade desta enfermidade.

A Deputación colabora con AFALU cunha achega de 12.000€ anuais para o programa de Estimulación Cognitiva de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias, permitindo terapias non farmacolóxicas, atención psicolóxica e formación a coidadores, especialmente en zonas rurais da provincia, onde o acceso a estes recursos é máis limitado.

Comparte este artigo