Home Pontevedra Deza O III Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica celebrarase o...

O III Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica celebrarase o 31 de xullo co seu máximo de prazas cubertas

- Anuncio -

• A ORGANIZACIÓN TEN XA PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE 40 BINOMIOS, O MAIOR NÚMERO QUE PERMITE ESTE TIPO DE COMPETICIÓN

• TERÁ LUGAR NO MARCO DO EVENTO EQUINA GALICIA 2021, O CAL SE LEVARÁ A CABO DO 30 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Equina Galicia 2021, que terá lugar do 30 de xullo ao 1 de agosto na Feira Internacional de Galicia ABANCA, volverá contar no seu programa co Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica.

Aínda que as inscricións están abertas ata o día 24 de xullo, debido ao alto número de participacións xa formalizadas e ás numerosas consultas realizadas para formar parte desta proba, a organización ten xa prevista a participación de 40 binomios (cabalo e xinete ou amazona), o máximo que permite este tipo de competición.

Ente eles encóntranse participantes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-León e Madrid. Destaca ademais que participan a inmensa maioría de clubs hípicos galegos.

A proba, na que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos, rexerase polos criterios da Real Federación Hípica Española e incluirá desde categoría infantil ata nivel olímpico.

Este Trofeo, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e supoñan un complemento económico, contribuíndo a frear o despoboamento.

Ademais deste Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, Equina 2021 inclúe no seu programa outras dúas competicións centrada na doma clásica, a XXIII Copa Accega e o Territorial, o cal é clasificatorio para o Campionato Galego de Doma.

Serán así tres as probas de doma clásica as que teñan lugar en Equina, todas o 31 de xullo, converténdose na cita máis completa ao englobar tantas competicións no mesmo evento. Para avalialas, este ano participarán catro xuízas, en lugar de dúas como nas anteriores edicións. Dúas delas son da Federación Hípica Galega, Margarita Villaverde-Maqui e Mª Dolores Martínez Debén, mentres que as outras dúas son da Real Federación Hípica Española, Pilar García Bezos e Belén Bartolomé Calvo, sendo esta última a presidenta do xurado.

En canto ao concurso Territorial, co obxectivo de fomentar a doma entre os máis novos incluirase a participación de nenos de 7 a 10 anos, os cales se xulgarán fóra de competición no nivel de Asento e Posición. Neste sentido, dende a organización convidan os nenos da comarca a que asistan a ver estas competicións, para que coñezan esta disciplina da equitación e sexa valorada como unha posible actividade extraescolar, xa que existen varios clubs hípicos próximos que ofrecen formación.

Morfofuncional e enganches

Por outra banda, Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), sumará a estas competicións o VII Campionato de España Pura Raza Española- ANCCE de Galicia, unha proba morfofuncional que se desenvolverá durante os tres días do evento e será o seu eixo central. Tamén se celebrará unha das cinco xornadas clasificatoria para a Copa Galega de Enganches, organizada pola Federación Galega de Enganches, a cal este ano reduciu as súas probas e seleccionou para elas os mellores espazos.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas