Home Pontevedra Deza A Xunta financia obras de mellora na Escola Infantil do Polígono de...

A Xunta financia obras de mellora na Escola Infantil do Polígono de Lalín que ascenden a case 36.000 euros

- Anuncio -

― Os traballos afectan a elementos internos e externos da instalación, como a porta de acceso, ventás ou cerres infantís, entre outros


― O Concello asume a execución da actuación, que sufraga o Consorcio con cargo ás liquidacións que corresponden por este servizo público


A Xunta de Galicia financiará varias actuacións de mellora na escola infantil situada no polígono empresarial de Lalín, pertencente á rede pública autonómica, por un valor de aproximadamente 36.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde deste concello pontevedrés, José Crespo, visitou esta mañá o centro para dar conta destes traballos, que se desenvolverán ao longo do vindeiro mes de agosto para estar listos en setembro co inicio do novo curso escolar.
As obras proxectadas axústanse ás necesidades postas en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio e do Concello. Estas afectan tanto a elementos internos como externos da escola e contemplan a mellora da porta de entrada, de ventás e dos cerres infantís; así como a instalación de dous areeiros. Tamén se acometerá a reparación da soleira de formigón e a pavimentación dunha rampla de acceso con caucho, entre outras actuacións.
O Concello ocuparase da execución dos traballos, que sufragará o Consorcio mediante a compensación das liquidacións que corresponde abonar á Administración local por este servizo público.
Centros de calidade
Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo desta intervención “é garantir ás familias que os seus pequenos reciben uns coidados e unha atención educativa de primeira calidade nas mellores instalacións”. O centro iniciará o vindeiro 4 de setembro o novo curso con 60 nenas e nenos matriculados.
Este mesmo modelo de actuación xa se seguiu na outra escola infantil que o ente autonómico ten en Lalín: a das Pontiñas. Neste centro levouse a cabo a reforma integral da cociña e ampliouse cunha aula máis, pasando de catro a cinco unidades no curso 2019-2020.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

Publicacións Relacionadas