Rafa Domínguez participa na entrega de medallas da categoría de grupos de idade en distancia sprint da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026

Redacción

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no acto de entrega de medallas da categoría de grupos de idade en distancia sprint da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026. Esta proba, coa que se completa a primeira xornada do campionato, consistiu nun percorrido a nado de 750 metros, máis 20 quilómetros de ciclismo e outros 5 quilómetros de carreira a pé.

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon é un evento de impacto global no que participarán máis de 5.000 atletas de 83 países e que conta co apoio da institución provincial dentro do seu obxectivo de converter Pontevedra na provincia do deporte. Ao longo de catro xornadas, a cidade de Pontevedra será escenario das finais masculina e feminina en categoría elite, sub-23, xuvenil, grupos de idade, paratríatlon, relevos e aquabike, así como cunha extensa programación de actuacións musicais.

Comparte este artigo