Home Vigo Pazos de Borbén O concellos de Pazos de Borbén convoca as súas axudas para a...

O concellos de Pazos de Borbén convoca as súas axudas para a adquisición de material escolar para este curso

- Anuncio -
  • O prazo para solicitar a subvención remata o 15 de agosto
  • O Concello de Pazos de Borbén ven de convocar o seu programa de axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para este ano. Un plan co que se pretende colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do concello.

  • O goberno local, sendo consciente do gran esforzo que supón para as familias o inicio do curso coa situación económica derivada da pandemia, incrementou un 30% o importe das axudas conforme ao ano pasado para emendar, na medida do posible, este problema. A convocatoria está dispoñible para os estudantes de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, PCPI e Formación Profesional do municipio.

  • Para solicitar estas axudas é necesario se pai, nai ou titor dun alumno matriculado para o curso 2021-2022. Do mesmo xeito, a unidade familiar deberá estar empadroada e ter a súa residencia efectiva no Concello de Pazos de Borbén ademais de cumprir os límites do baremo económico recolleito nas bases da convocatoria. As solicitudes para acollerse a este programa deberán presentarse na Casa do Concello antes do 15 de agosto. Os interesados en resolver calquera dúbida ou realizar as súas consultas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 497 035.

  • A edil de Educación, Blanca Míguez, manifestou así o compromiso municipal coas necesidades das familias do concello. “Os concellos apenas temos competencias en materia de Educación, pero entendemos que, con accións como esta, podemos aportar o noso granito de area para axudar ás familias nestes momentos tan difíciles para a súa economía”.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas