O concello de Nigrán ofrece o martes unha charla dirixida ás familias sobre a prevención de acoso escolar e o ciberacoso e o xoves para o profesorado

Redacción

A iniciativa forma parte do proxecto ‘Aulas que suman’ e inclúe tamén dúas sesións dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria de tódolos colexios públicos de Nigrán

O Concello de Nigrán, a través de ‘Creando Educación Social’, ofrece este martes 29 de setembro ás 17:00 horas no Auditorio Municipal unha charla destinada ás familias para abordar a prevención do acoso escolar e o ciberacoso. A iniciativa forma parte do proxecto ‘Aulas que suman’, financiado pola empresa Diagnostiqa, e inclúe tamén dúas sesións dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria de tódolos colexios públicos de Nigrán no que traballan o desenvolvemento socioemocional, a convivencia positiva e o uso responsable das tecnoloxías, promovendo valores como o respecto, a empatía e o bo trato.

Nesta sesión do martes dirixida a familias explicaránse as sinais de alerta na casa e no comportamento da crianza, como actuar ante un posible caso e o papel da familia na convivencia escolar.

O mesmo asunto será abordado o xoves 1 de outubro pero nunha charla dirixida exclusivamente a profesorado e profesionais do eido psicosocial. 

Comparte este artigo