Abertas as inscricións para participar na Carreira Pedestre Popular do San Martiño de Ourense 2026

Redacción
  • A proba celebrará a súa 49ª edición o domingo 8 de novembro sobre un circuíto homologado de 10 quilómetros
  • Os trámites pódense realizar na web Carreiras Galegas
  • Este ano haberá premios de ata 4.000 euros

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abriu esta mañá o prazo para inscribirse na edición número 49  da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que se desenvolverá na cidade o domingo, 8 de novembro.  As persoas interesadas en participar nesta cita deportiva xa poden formalizar o seu rexistro de xeito telemático a través da páxina web Carreiras Galegas:

Prazos e cotas de inscrición

  • Categoría Absoluta (10 km): A taxa é de 5 euros para quen se anote ata o 21 de outubro. Desde o 22 ata o 1 de novembro, será de 7 euros.
  • Carreiras de menores e Inclusiva: A participación nas categorías Sub18, Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10, e na Carreira Inclusiva, é gratuíta.
  • Data límite: O prazo de inscrición pecharase o 1 de novembro ás 23.59. No caso dos centros escolares que participen nas probas de menores, a data límite para tramitar as súas solicitudes será o 19 de outubro.

A proba, que se presentará oficialmente nos próximos días, distribuirá importantes galardóns económicos nas categorías masculina e feminina:

  • Clasificación absoluta: 4.000, 3.000 e 2.000 euros para os tres primeiros postos, sempre que realicen marcas inferiores a 29 minutos en homes e 32 minutos en mulleres. Se superan eses tempos, os premios serán de 2.000, 1.500 e 1.000 €.
  • Atletas locais: 600, 400 e 200 euros para os mellores clasificados do concello en categoría masculina e feminina.
  • Premio Especial CaixaBank: 300 euros para o primeiro home e para a primeira muller en cruzar o punto de control do quilómetro 5.
  • Récord do percorrido: un incentivo de 1.000 euros sempre que melloren os tempos de 28′ 42” para homes e 30′ 23” para mulleres.
Comparte este artigo