As unidades móbiles VIDOC da Policía Nacional acudirán o 8 e 29 de outubro de 9:00 a 13:00 horas. As citas repartiranse só de forma presencial na Policía Local a partir das 8:00 horas.
O Concello de Nigrán e a Policía Local informan á veciñanza empadroada no municipio de que o xoves 1 de outubro poderá solicitarse cita previa para renovar ou expedir DNI e/ou Pasaporte os xoves 8 e 29 de outubro, de 9:00 a 13:00 horas, a través da unidade móbil da Policía Nacional que acude ao Concello (habitualmente veñen unha soa vez). En calquera caso, estas citas repartiranse presencialmente a partir das 8:00 horas nas dependencias da Policía Local de Nigrán, que colaboran realizando esta función para facilidade da veciñanza.
A través das unidades móbiles VIDOC da Policía Nacional realízanse en escasos minutos e dunha tacada os anteriores tres trámites para renovar ou expedir DNI ou Pasaporte (pegada dactilar, impresión en comisaría e data de entrega), evitando ao cidadán maiores desprazamentos.

