O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá en Pontevedra coa xunta directiva do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) con motivo do 35 aniversario da entidade. No encontro, fixo un percorrido polos retos e desafíos da acción exterior galega, como a consolidación da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a integración europea, as relacións cos países de fala lusófona ou a cooperación ao desenvolvemento, entre outros.

