O cargueiro liberiano naufragou en 1976 con 30.000 toneladas de ferro que agora pretende recuperar unha empresa valenciana, sen embargo, segundo tódolos expertos consultados, o pecio conforma un auténtico arrecife natural consolidado de alto valor ecolóxico
“Existe conseso en que a súa extracción acabaría con este fondo mariño porque serve de acubillo e zona de cría de diferente fauna, asi como de alga laminaria. Non podemos permitir que se altere o máis mínimo ese ecosistema, forma parte do noso patrimonio natural máis sagrado”, defende o alcalde, Juan González.
Medio século despois do seu naufraxio ao carón das illas Estelas con 30.000 toneladas de ferro, o cargueiro liberano ‘Ivy’ volve a estar de actualidade. Segundo constatou o Concello de Nigrán, o Ministerio de Defensa (máxima autoridade competente neste asunto) ven de paralizar o intento de extracción do mineral que transportaba este pecio por parte dunha empresa valenciana ao tempo que solicita informes a expertos sobre o impacto ambiental que se provocaría nesta área situada na Red Natura 2000 e catalogada como Zona de Especial Conservación (ZEC), ademais de situarse moi preto do Parque Nacional Illas Atlánticas.
“Existe conseso en que a súa extracción acabaría con este fondo mariño que serve de acubillo e zona de cría de diferente fauna, asi como de alga laminaria. Non podemos permitir que se altere o máis mínimo ese ecosistema, forma parte do noso patrimonio natural máis sagrado”, defende o alcalde, Juan González, quen avanza que enviará un escrito al Ministerio de Defensa reafirmando esta postura. “A posible rendabilidade económica para unha empresa privada non pode por en risco o noso equilibrio ecolóxico submariño”, incide o rexedor.
Investigadores da Universidade de Vigo, educadores ambientais, patróns de pesca, etc… corroboran que o pecio, afundido a 10 metros de profundidade, constitúe a día de hoxe un arrefice natural consolidado, sendo por tanto unha zona de alto valor ecolóxico e pesqueiro no que se refuxia fauna silvestre e crían polvos, nécoras, robalizas, centolas ou congros. Conforma tamén un hábitat de algas ameazadas como a laminaria (unha especie altamente protexida pola súa gran capacidade de osixenar a auga). “É un auténtico santuario fundamental para a nosa economía pesqueira; conforma un arrecife único ao que acoden habitualmente clubes de mergullo atraídos por estas características”, subliña González, quen incide en que estando ademais situado na Red Natura 2000 “hai que actuar en consecuencia impedido que ese medio se altere”.
“Se quixésemos construír a propósito un arrecife coma este tardariamos décadas e gastariamos millóns de euros en acadar algo tan perfecto. Destruílo sería, patrimonial e ecoloxicamente falando, unha perda inxustificable”, considera Antón Lois, experto educador medioambiental. “Extraer ese mineral implicaría inevitablemente a destrución do hábitat, alén de remover sedimentos e substancias estabilizadas polo tempo coas consecuencias negativas que isto conleva”, zanxa.

