O VIDOC volve á Guarda en outubro para a renovación do DNI e Pasaporte

Redacción
  • O Vehículo Integral de Documentación instalarase no noso municipio os días 14 e 27 de outubro
  • As persoas interesadas en realizar os trámites deberán pedir cita previa o xoves 1 de outubro, a partir das 9:00 horas, presencialmente na planta baixa do Concello ou no 986 61 00 00

O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de outubro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).

Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir deste xoves, 1 de outubro, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas.

O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, o mércores 14 e o martes 27 de outubro. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa.

Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.

As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Comparte este artigo