Os e as participantes, xunto aos monitores, deixaron a súa pegada artística, nun mural nunha das paredes exteriores do pavillón Gustavo Rodríguez
Mañá martes, 29 de setembro, ás 20.00 horas, a igrexa de San Domingos acollerá a conferencia titulada “Vida judía en Galicia: patrimonio y legado” a cargo da investigadora Wanda Teplitsky. Este acto pechará o programa de actividades promovido polo Concello de Tui ao longo deste mes de setembro para a promoción do legado xudeu e criptoxudeu na cidade tudense.
Wanda Teplitsky é profesora de hebreo e ciencias xudaicas e socióloga por la UBA, Máster en Estudios Medievales Europeos, Imágenes Textos y Contextos pola USC co TFM “Sefarad Periférica. Vida Judía en la Galicia Medieval”. Doutora en Protección del Patrimonio Cultural da USC coa tese “Legado de la Vida Judía en Galicia”. Ten presentado a súa investigación no International Medieval Congress da Universidad de Leeds e no Simposio Internacional Periferias Sin Centro y Centro Periféricos de la UAH. En 2023 ten participado do Programa Incubador de Proyectos del Instituto Europeo de Estudios Judíos Paidea, co proxecto “Ecos de la presencia judía en el noroeste ibérico”, e do Seminario Patrimonio Judío Europeo da Fundación Rothschild e a Universidad de Ámsterdam.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, sinala que esta conferencia achéganos a unha visión xeral da presenza xudía en Galicia froito da tese de doutoramento presentada o ano pasado por Wanda Teplitsky. Ana Núñez resalta que con esta actividade se pecha o programa do Setembro Xudeu que ten resultado moi exitoso cunha grande participación de público nas diversas actividades realizadas.

