Home A Coruña O Concello das Somozas activa unha canle de WhatsApp para informar da...

O Concello das Somozas activa unha canle de WhatsApp para informar da actividade municipal

- Anuncio -

• Trátase dunha liña unidireccional de comunicación coa que a veciñanza pode recibir anuncios directamente nos seus teléfonos móbiles.

• Para iniciar o servizo débese enviar unha mensaxe a través da aplicación coa palabra “ALTA” ao número 604 065 320.

O Concello das Somozas acaba de activar unha nova canle de comunicación a través da aplicación WhatsApp. Trátase dunha liña unidireccional na que a veciñanza só poderá recibir mensaxes.

Para activar o servizo será necesario enviar a palabra “ALTA” a través da aplicación ao número de teléfono 604 065 320. Unha vez procesada a alta, calquera persoa poderá recibir información municipal directamente no seu teléfono móbil.

Entre outros usos, a través desta canle enviaranse novas sobre a xestión municipal, datas de eventos culturais, deportivos, actividades de asociacións locais ou convocatorias de calquera tipo.

O Concello das Somozas configura así unha nova vía de comunicación coa veciñanza que se suma ós seus perfís oficiais de Facebook, Twitter e Instagram, ademais da páxina web.

As bases de uso do servizo de WhatsApp están subidas na páxina web municipal, www.assomozas.es, para que calquera persoa poida consultar as condicións do servizo e os avisos legais pertinentes.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas