O xoves abre o prazo de inscricións para as actividades de envellecemento activo

Redacción

Un total de 774 persoas retomaron as distintas actividades de ximnasia, ioga e relaxación e taller de memoria para veciños e veciñas maiores de 65 anos organizadas polo Concello. Aquelas persoas interesadas en incorporarse aos grupos xa en funcionamento poden apuntarse desde o vindeiro xoves 1 de outubro ata o día 7 de outubro chamando polas tardes ao teléfono 981 610 000, de 16.00 a 19.00 horas. Tamén será posible apuntarse a través da web www.oleiros.org.

O 9 de outubro publicaranse as listaxes de adxudicación de praza e reserva.
Así mesmo, no caso de existir unha demanda significativa nunha localidade concreta, analizarase a opción de abrir un novo grupo para atender as solicitudes de todas as persoas interesadas.

A actividade de ximnasia ten lugar nas localidades de: Perillo, Santa Cruz, Mera, Lorbé, Nós, Iñás, Dorneda, Montrove e Oleiros; Memoria desenvólvese en: Perillo, Santa Cruz, Mera, Dexo, Nós, Iñás, Dorneda, Montrove e Oleiros; e Ioga e relaxación en: Perillo, Santa Cruz, Mera, Dorneda, Nós e Oleiros.

Comparte este artigo