Home Deputacións Deputación Pontevedra Presentación do Club Ciclista Feminino Team Farto

Presentación do Club Ciclista Feminino Team Farto

- Anuncio -


O `Club Team Farto´, primeiro equipo feminino UCI de Galicia, recibe os parabéns da Deputación. O equipo feminino de ciclismo Team Farto, primeiro equipo feminino UCI profesional de Galicia, estivo na sede de Turismo Rías Baixas da Deputación para compartir os éxitos acadados.

Acompañadas polo sei director deportivo, Brais Dacal, as ciclistas foron recibidas polas deputadas de Turismo, Ana Laura Iglesias, e Igualdade, Victoria Alonso. Iglesias expresoulles o apoio da institución provincial e o orgullo polo feito de que o equipo pontevedrés vaia participar na próxima Volta a España. Agradeceu o esforzo dunhas deportistas que veñen de facer historia. Ao mesmo tempo, subliñou a importancia de achegar axudas aos clubs femininos en condicións de igualdade con respecto aos masculinos, unha medida que a Deputación xa implantou. “Non pode seguir existindo unhas distinción entre deporte practicado por homes e por mulleres”, subliñou.

Pola súa banda, o adestrador, Brais Dacal, agradeceu o soporte económico da Deputación e destacou como “fito histórico” o feito de participar en diversas carreiras e percorrer as estradas da comunidade, recalcando o traballo que aínda lles resta pola igualdade de xénero no deporte. A ciclista Sabela Rey, pola súa banda, afirmou que “é un soño estar aquí porque dende pequena soñaba con ser deportista profesional no ciclismo; agardamos seguir dando guerra, demostrando que valemos”.

O Club Team Farto está composto polas ciclistas galegas: Sabela Rey, Carla Fernández, Inés Castaño; as portuguesas: Diana Pedrosa, Liliana de Jesús e Melissa Maia; a valenciana Pilar Giménez; as vascas Enara López e Garazi Korta.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas