Home Ourense O tenente de alcalde solicitou, no Consello Social da UVigo, a implantación...

O tenente de alcalde solicitou, no Consello Social da UVigo, a implantación exclusiva do mestrado de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en Ourense

- Anuncio -

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo apostan por crear un grao interuniversitario

O primeiro ciclo impartiríase na nosa cidade e o segundo, o da especialización, compartiríase coa Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea Bouzo, solicitou a implantación exclusiva dos estudos de mestrado de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en Ourense durante a súa intervención no Consello Social da Universidade de Vigo (Uvigo), celebrado onte no paraninfo do edificio Ernestina Otero do Campus de Vigo, no punto 4 da orde do día: “Propostas de verificación / modificación de títulos de Grao”.

Ojea Bouzo, que falou en representación da corporación municipal e tamén no da cidade -facéndose eco da petición asinaron diversos colectivos políticos e sociais no Liceo o pasado 22 de xullo, solicitándolle á UVigo e á Xunta de Galicia que tramiten a implantación do mestrado baixo un formato exclusivo en Ourense-, puxo en dúbida o prazo de setembro indicado para presentarlle á Xunta de Galicia a memoria do posgrao compartido coa Universidade da Coruña.

E é que a Xunta e a UVigo avogan pola vía interuniversitaria, o que suporía que os estudos impartidos na facultade de Física do Campus de Ourense fosen compartidos coa Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña: o primeiro ciclo, polo tanto, impartirase en Ourense, mentres que a especialización haberá que compartila coa cidade herculina.

“Isto sería un problema para o alumnado”, dixo Armando Ojea, “que ten que marchar fóra para completar os estudos, pero tamén un problema para a imaxe da facultade”, que acabaría por compararse cunha escola de peritos, “o que acaba redundando nunha mala imaxe para o campus, para a universidade e mesmo para a cidade”, que arrastraría o sambenito de ver como outras cidades escapan cos estudos especializados.

O concelleiro ourensán manifestoulle ademais ao Reitor que non vía a relación entre ambas facultades, e aconsella aplicar o criterio de Ockham: “O sinxelo é o correcto”, díxolle ao Reitor, lembrando que a propia Uvigo, a través do seu Consello de Goberno e do Consello Social, xa aprobara os plans de estudo para que Ourense acollese o mestrado no curso 22-23. Só quedaría presentarllo á Xunta para a súa aprobación.

Manuel Reigosa, reitor da Uvigo, respondeulle a Ojea que desde a institución universitaria van tentar cumprir o acordo cos seus homólogos da Coruña para compartir o segundo ciclo , pero confía en que, en igualdade de condicións, o alumnado quede no campus de Ourense.

Terreos para un centro de intelixencia artificial

Noutro dos puntos da orde do día, o reitor informou tamén ao Consello Social de que a UVigo se atopa en conversas coa Alcaldía de Ourense para tratar a posibilidade de cesión dunha parcela nunha zona adxacente ao campus para a implantación dun centro de Intelixencia Artificial dependente da Universidade.

Trátase dun terreo municipal de 3.000 m2 edificables dos que o Concello lle cedería un 10%.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Publicacións Relacionadas