A Policía Local recomenda utilizar como rutas alternativas as rúas Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas de San Francisco requirirá realizar restricións de tráfico no barrio desde o venres 2 ata o domingo 4 de outubro.
O dispositivo de seguridade inclúe o peche ao tránsito rodado na rúa Pena Trevinca (desde a estrada da Granxa ata a rúa da Coruña) nestes horarios:
- Venres 2 de outubro: a partir das 19.00 h.
- Sábado 3 de outubro: a partir das 17.00 h.
- Domingo 4 de outubro: a partir das 14.00 h e, adicionalmente, durante a mañá por mor da carreira da Garda Civil.
Desvíos e vías alternativas
Para facilitar a mobilidade, recoméndase utilizar como rutas alternativas as rúas da Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia.
A Policía Local lembra que estes horarios teñen carácter referencial e axustado á programación de actos. A reapertura do paso de vehículos executarase tan pronto como rematen os eventos e as tarefas de limpeza. As interrupcións da circulación poderán adiantarse, ampliarse ou adaptarse se a concorrencia de público ou as necesidades da seguridade o requiren.
Así mesmo, por razóns de afluencia masiva, instalación prolongada de infraestruturas ou calquera outra continxencia sobrevida, os axentes poderán adoptar medidas de regulación complementarias ou modificar sobre a marcha o tránsito rodado co fin primordial de preservar a seguridade cidadá e o fluxo da mobilidade. Solicítase á veciñanza e aos condutores extrema precaución, a máxima colaboración e a consulta da sinalización provisional instalada na zona.

