Home Tabeirós A Estrada Todo listo para a DepoAndaina que este doingo percorrerá os muiños de...

Todo listo para a DepoAndaina que este doingo percorrerá os muiños de Golfaríz na Estrada

- Anuncio -

150 persoas xa inscritas percorrerán 12 quilómetros na segunda ruta deste verán do programa provincial

As DepoAndainas, o programa gratuíto da Deputación para todas aquelas persoas que gocen coñecendo a contorna natural e cultural da provincia polas súas sendas e camiños chega esta fin de semana a terras de Tabeirós-Montes.

Logo de que a primeira ruta percorrera a Vía Verde do Salnés, este próximo domingo 150 persoas, con todos os protocolos de seguridade por mor da Covid, poderán desfrutar dalgúns dos recunchos máis fermosos do concello da Estrada nunha camiñada circular que seguirá a ruta dos Muíños de Golfaríz. A andaina, de dificultade media, conta cunha distancia total de 12,5 quilómetros que se realizarán ao longo dun percorrido que comeza na igrexa de Santa María de Rubín.

Despois desta ruta polo concello da Estrada, a seguinte camiñada será o 22 de agosto que percorrerá a Senda do Río Tea, no concello da Mondariz. Para esta andaina, as inscricións abriranse o luns 2 de agosto. O último itinerario será o 12 de setembro pola Senda Azul do Río Verdugo, no concello da Ponte Caldelas. Neste caso, a apertura do prazo para anotarse comezará o 23 de agosto.

“Depo Andainas” abre unha nova posibilidade de coñecer a provincia para as persoas amantes dos deportes e da natureza na que se une a aposta sustentable pola actividade física como forma de vida saudable co descubrimento do noso amplo e rico patrimonio.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

Publicacións Relacionadas