Inicio dos clubs de lectura, contacontos, presentacións e exposicións ao longo deste mes de outubro
Dez actividades conforman a programación da Biblioteca Municipal de Tui para o mes de outubro baixo o título de “Outubro: Mes da Biblioteca”. Coa mesma conmemórase o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro.
O lema deste ano, “Sen profesionais, non hai bibliotecas“, ten como obxectivo destacar as persoas que fan que as bibliotecas sexan moito máis que unha simple colección de recursos, estantes e espazos. As bibliotecas, como institucións democráticas, son un servizo esencial para a cidadanía, que busca nelas un lugar para reunirse, intercambiar opinións e compartir coñecementos. Pero detrás de cada préstamo, cada consulta, cada actividade, cada recomendación e cada proxecto hai profesionais que traballan para garantir o acceso á cultura, apoiar as súas comunidades e facer que as bibliotecas sexan espazos abertos, inclusivos e accesibles para todos.
Recoñecer e dar visibilidade a aqueles que realizan este traballo, a miúdo invisible, é fundamental para comprender o verdadeiro valor das bibliotecas. Porque unha biblioteca non é só o que vemos cando entramos nela: tamén é o traballo das persoas que seleccionan e organizan as súas coleccións, preservan o seu patrimonio, facilitan o acceso á información, promoven a lectura, apoian a aprendizaxe e crean actividades e servizos para satisfacer as necesidades dos seus usuarios.
Destaca na programación catro actividades de contacontos para o público infantil:. “Que contan as arbores?” con Maquinarias Teatro, “Colorin, colorote” con Charo Pita e “A boneca de trapo” con Aida Cobas . Tamén terá lugar a presentación de dous libros, da autoría de Fernando Martínez Freiría e Inma López e da primeira editorial creada en Tui, “Móleculas”. Durante o mes de outubro celebrranse dúas exposicións: a de fotografías sobre a catedral de Tui “Na penumbra do tempo” de Gus Abreu e unha mostra bibliográfica sobre o libro “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol promovida por Fátima María García Doval, unha das maiores coleccionistas desta obra literaria. Amais terá lugar o obradoiro “Debuxar as letras” con Alba Farto e comezará unha nova temporada do Club de Lectura María Tydeska.
Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, esta nova proposta de actividades da Biblioteca Municipal é unha excelente oportunidade para achegarse a este centro bibliotecario que traballa cada día para ser un espazo de proximidade coa cidadanía, un ámbito de socialización e intercambio de ideas, que procura facilitar o acceso a información e o coñecemento a todos e todas se exclusión algunha, cun acceso libre, gratuíto e superador das fendas sociais.
MES DA BIBLIOTECA 2026
- Venres 2: Presentación do libro “Estado de Conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia” de Fernando Martínez Freiría. Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 19.00 h.
- Martes 6: Mes da Biblioteca: Obradoiro “Debuxar as letras” con Alba Farto. Biblioteca Municipal – 17.30 h.
- Mércores 7: Inicio do Club de Lectura “María Tydeska”
- Martes 13: Contacontos “Que contan as arbores?” con Maquinarias Teatro. Na Biblioteca Municipal – 17.30 h.
- Mércores 14: “O sentido de Alicia: Exposición bibliográfica sobre o libro de Lewis Carrol” de Fátima María García Doval. Biblioteca Municipal
- Xoves 15
- Inicio do club de lectura “Tempo de mulleres”
- Presentación do libro “Despois de san Castelao” de Inma López Silva e da editorial Moléculas. Espazo socio-cultural rúa Camilo José Cela. 20.00 h.
- Luns 19: “Na penumbra do tempo”. Exposición fotográfica sobre a catedral de Tui de Gus Abreu. Sala Municipal de Exposicións, 20.00 h.
- Martes 20: Contacontos para bebés “Colorin, colorote” con Charo Pita. Biblioteca Municipal – 17.30 h.
- Sábado 24. Días das Bibliotecas: Contacontos “A boneca de trapo” con Aida Cobas Biblioteca Municipal – 11.30 h.

