Home Pontevedra O concello de Soutomaior organiza dous concertos musicais esta fin de semana

O concello de Soutomaior organiza dous concertos musicais esta fin de semana

- Anuncio -
  • As actuacións terán aforo reducido e será necesario seguir o protocolo anticovid
  • O Concello de Soutomaior, dentro da súa programación cultural de verán, ten programadas dúas actuacións musicais esta fin de semana, unha na alameda Tallo Río e outra no Peirao de Arcade. Ambas as iniciativas son totalmente gratuítas e contarán cun aforo reducido para garantir a distancia de seguridade entre os asistentes. Non será necesaria inscrición previa xa que o aforo cubrirase por orde de chegada.

  • A primeira actuación, o sábado a partir das 21:00 horas, correrá a cargo do coñecido grupo “ Uxia Lambona e a Banda Molona”. Un grupo cun repertorio cheo de clásicos populares galegos co seu propio toque particular e moitos outros temas propios de diversos estilos, desde a cumbia e o tango ao reggae e o ska.

  • O domingo, a partir das 13:00 horas na alameda Tallo Rio, recupérase a antiga tradición musical da sesión vermú. Para iso contarase coa animación do grupo “Cara B” e o seu repertorio baseado nos grandes temas do rock e o pop español dos anos 80 e 90.
    Ambas as actuacións estarán sometidas aos protocolos anticovid actuais que a Xunta de Galicia ten en vigor para os espectáculos ao aire libre, polo que haberá #aforo reducido, todo o público terá que estar sentado e facer uso da máscara.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas