O Concello convoca un exame para obter o permiso municipal para conducir taxis en Ourense

Redacción

A Concellería de Transporte e Mobilidade aprobou a primeira convocatoria extraordinaria do ano 2026 do exame para obter o permiso municipal de condutor/a de taxi no Concello de Ourense.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, que rematará o 15 de outubro, para presentar as súas solicitudes.

A convocatoria rexerase polas bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor/a de taxi no Concello de Ourense, publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 113, do día 19 de maio de 2022.

Comparte este artigo