Home Ourense O Ribeiro A Xunta apoia a conciliación e a promoción da igualdade de xénero...

A Xunta apoia a conciliación e a promoción da igualdade de xénero no concello de Ribadavia cunha axuda de 25.624€ neste 2021

- Anuncio -

― Os apoios enmárcanse dentro da convocatoria que o Goberno galego adica ás entidades locais


― Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta con un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nun taller sobre a aprendizaxe para identificar a violencia de xénero, onde se explicaron diversas ferramentas de sensibilización e prevención contra esta lacra

― López Abella destacou o papel da conciliación como unha das liñas de actuación “onde o benestar laboral e a igualdade van da man no camiño á emancipación da muller”

O concello de Ribadavia (Ourense) percibe neste 2021 case 26.000 euros de investimentos en políticas de fomento da conciliación e de promoción da igualdade entre homes e mulleres e a loita contra as violencias machistas, así o destacou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, na súa participación nun taller sobre a prevención da lacra da violencia de xénero mediante a sensibilización e a identificación das violencias contra a muller; dito simposio foi ofrecido dentro do programa Lola Touza deste municipio da comarca do Ribeiro.

López Abella puxo en valor o esforzo que fai o Goberno galego en traducir os desexos dunha sociedade máis igualitaria en políticas reais onde o eido laboral e o traballo pola igualdade “van da man no camiño á emancipación da muller” mediante o favorecemento da conciliación e a promoción da igualdade co tratamento da violencia de xénero. Estas dúas liñas aparecen recollidas na resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG) do 22 de xuño de axudas ás entidades locais na loita contra a violencia de xénero e promoción da igualdade.

O concello ribadaviense percibe destes apoios 15.000 euros na liña de fomento da conciliación e 10.624 euros na promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento contra a violencia de xénero. De feito, o Goberno galego contribuíu a que na provincia de Ourense 81 concellos reciban este ano un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia. Esta iniciativa ten o dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas