O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor lembrou que o sector vitivinícola é un dos alicerces máis sólidos e estratéxicos da economía provincial
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor participou hoxe na celebración da V Festa da Vendima de Monterrei, un evento que se consolida ano a ano como referente festivo e cultural vinculado ao viño na comarca de Monterrei.
Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o traballo de todos os profesionais do sector primario ourensán sendo os auténticos responsables de manter vivo o rural e coidar o territorio. Neste sentido, Luis Menor lembrou que o sector vitivinícola é un dos alicerces máis sólidos e estratéxicos da economía provincial que conta con catro das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia.
Así mesmo, o presidente da Deputación reafirmou o apoio da Deputación co concello de Monterrei e co Consello Regulador da D.O., -a quen felicitou polo traballo que veñen realizando a prol dun dos principais embaixadores da nosa provincia-, para impulsar a excelencia das adegas, mellorar infraestruturas e promover o turismo enogastronómico.

