5 proxectos sen concretar para Culleredo no Plan Proxecta Paisaxe

Redacción

As redes sociais do alcalde foron o principal canal empregado para anunciar que Culleredo contará con 5 proxectos do plan Proxecta Paisaxe, promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.


Alternativa aproveitou o pleno municipal para reclamar información concreta sobre as actuacións previstas, o seu alcance e o impacto que terán no municipio.

Dende o goberno municipal simplemente se limitaron a concretar as ubicacións dos mesmos:
– Dúas zonas forestais no Canabal que se pretenden unir.
– Rego das Cesteiras
– Un proxecto tamén da comunidade de montes de Castello.
– O proxecto arqueolóxico na ría do Burgo,
Alternativa demandou que se facilite por escrito a información completa sobre os cinco proxectos, co obxectivo de coñecer as actuacións previstas. O grupo considera que este tipo de iniciativas deben darse a coñecer a través dos canles oficiais do Concello, para que a veciñanza poida coñecer directamente as actuacións previstas no seu territorio.

Comparte este artigo