Bergondo licita novas actuacións por máis de 700 mil euros

Redacción

Tres novas actuacións en fase de licitación: a humanización e mellora da accesibilidade da vía da praia de Gandarío, a continuidade das beirarrúas na estrada de Cambre (AC-214 na zona de Corral da Igrexa)e a mellora na seguridade peonil, así como a prolongación da rede de saneamento en Guísamo

Estas tres actuación contan cun orzamento de máis de 700 mil euros que permitirá mellorar a accesibilidae e a seguridade viaria, ademáis da ampliación do servizo de saneamento.

En Gandarío, cun orzamento de 514.998,87 euros, se pretende substituír a pasarela de madeira por un novo firme máis resistente, así como a pavimentación da calzada. Tamén se ampliará a zona de mesas do piñeiral, crearanse novas prazas para persoas de mobilidade reducida e renovarase o mobiliario urbano.

Na Zona de Corral da Igrexa, en Guísamo, a execució da obra permitirá a conexión das beirarrúas existentes, cun orzamento de 164.800,97 euros.

Ambas actuacións están cofinanciadas a través do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación (POS).

Dende Alternativa destacan que estas actuacións forman parte do compromiso do goberno local coa mellora da mobilidade e lembran como o BNG votou en contra do suplemento de crédito que permitiu dispoñer dos fondos para levalas a claro.

Comparte este artigo