Baixo o lema “Apostamos por un futuro sostible no que ti xogas moito”, o goberno local pidea colaboración da cidadanía e dos grandes xeradores para mellorar os datos de reciclaxeecompostaxe
O Concello de Caldas de Reis pon en marcha o 6 de outubro unha campaña informativadirixida á cidadanía e aos grandes xeradores para promover a separación dos residuos enorixe e dar a coñecer o custo que supón o tratamento do lixo para as contas municipais. Ainiciativa difundirase baixo o lema “Apostamos por un futuro sostible no que ti xogas moito”. Unha factura en aumento
Segundo explica o Concello, os custos de tratamento do lixo enviado a SOGAMA (a fracciónnon reciclable) incrementáronse considerablemente nos últimos anos. O prezo subiu un 67%:
De 73 € por tonelada en 2023 a 122 € por tonelada neste ano. A recollida de lixo e a limpeza viaria son, ademais, un dos gastos máis importantes queasume o Concello ano tras ano. Só se paga polo lixo que vai ao colector de “resto”
O tratamento só se paga polo lixo depositado no colector de “resto” (colector gris), onde vanchicles, máscaras, cueiros, louza, restos do varrido do fogar ou cepillos de dentes, entreoutros. Segundo o custo anunciado por SOGAMA, a tonelada desta fracción custa 122€, mentres que a da materia orgánica do colector marrón ascende a 58 €. Pola contra, os residuos depositados de forma separada nos demais colectores non teñencusto de tratamento (0 € por tonelada): Colector azul: papel e cartón
Colector amarelo: envases de plástico, latas e briks
Colector verde: envases de vidro
Colector laranxa: aceite de cociña usado
Colector téxtil: roupa, calzado e complementos
Composteiro: materia orgánica
Estes custos non inclúen outros gastos, como os da recollida. A nova lexislación obriga a separar
O Concello lembra que a nova lexislación sobre residuos obriga a que todos sexanseparados en orixe, co fin de fomentar a reciclaxe e o coidado do medio ambiente, e quesanciona que o lixo se deposite sen separar. Canto mellor se separe, menor será o custodoservizo e máis sostible resultará, cunha repercusión directa para a veciñanza e os grandesxeradores de Caldas de Reis no recibo do lixo.
Neste sentido, o goberno local sinala que canto máis se use a compostaxe e mellor sesepare en cada colector, menos toneladas chegarán ao contedor de “resto” e máis sereducirá a factura que o Concello paga a SOGAMA. Canto mellor se recicle e se composte, máis tempo se poderá manter conxelado o recibo do lixo. Un chamamento á colaboración cidadá
“Mellorar o servizo e reducir custos require colaboración”, subliña o Concello, que buscaoapoio da cidadanía para mellorar os datos de separación de residuos, conseguir un concellomáis consciente e mellor para vivir e que Caldas de Reis siga sendo un referente enreciclaxe e separación de residuos. A campaña conta con cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, ecoapoio da Xunta de Galicia e de Xacobeo 2027.

