A OMIX do concello da Guarda organiza un obradoiro de scrapbooking o 24 de outubro

Redacción
  • A actividade está incluída na programación de outono e terá lugar de 10:00 a 13:00 horas na Casa do Concello
  • As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de outubro en: https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9

O Concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza o vindeiro 24 de outubro un obradoiro de scrapbooking, unha proposta creativa incluída na programación de outono da OMIX que terá lugar na Casa do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O scrapbooking é unha técnica artística que combina fotografías, recortes, papeis decorativos e diferentes elementos para crear álbums personalizados e composicións orixinais. A través desta actividade, as persoas participantes poderán descubrir novas formas de conservar e presentar os seus recordos, ao tempo que experimentan con materiais, cores e deseños.

Durante as tres horas de duración do obradoiro, as persoas asistentes terán a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación, aprender técnicas creativas e elaborar as súas propias creacións nun ambiente participativo e relaxado. Non é necesaria experiencia previa, xa que a actividade está pensada para achegarse ao scrapbooking desde cero e gozar do proceso creativo.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do formulario en liña habilitado: https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9 .

Comparte este artigo