Home Pontevedra A Paradanta Arbo, organiza o vindeiro día 28 de agosto, a ‘III Andaina Infantil’

Arbo, organiza o vindeiro día 28 de agosto, a ‘III Andaina Infantil’

- Anuncio -

O concello de Arbo, organiza a ‘III Andaina Infantil’ para o próximo día 28 de agosto, dentro da actividades comprendidas no ‘Verán Cultural 2021’ e co propósito de dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio, a natureza, as tradicións e as cultura do municipio


A saída está proxectada desde a Praza do Concello ás 10:30 horas. Dada ás circunstancias sanitarias e obrigatorio a inscrición no correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com
A actividade é gratuita e ademais, todos os participantes recibiran un agasallo.


Segundo manifestou o alcalde Horacio Gil Expósito, que ademais é a responsable da área de Turismo e promoción do concello de Arbo, «desde o Concello seguimos na mesma liña de promocionar e poñer en valor o noso turismo único, o patrimonio, a paisaxe, a natureza, os carreiros, as pesqueiras, o museo Arabo, as nosas instalacións…. Polo que tamén é importante que os máis pequenos coñezan de primeira man e de forma divertida, esta nova forma de facer deporte».


Nas anteriores ‘ Andainas’, acudiron a esta cita un grupo importante de nenos e nenas que este ano e dada a crise sanitaria ten un limite de 20 participantes.


Durante o verán e nas actividades programadas dentro do verán cultural encamiñadas á promoción de Arbo e na súa maior parte dirixida aos máis pequenos, tiveron unha boa acollida e intervención non só de veciños de Arbo, senón de visitantes de concellos limítrofes ou propios turistas que escolleron Arbo, para tomar un descanso e gozar en familia.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas